21 días reflexionando
Por moito que onte me concienciara na idea de chegar a Barcelona para durmir ipso facto coa radio de fondo e abrazada a almofada, a calor fixo transformar a miña idea por unha contundente cea para enfrentarme a un pseudoxornalismo infumable como é ao que se dedica a catalana Samanta Villar, que máis que facer reportaxes ou videos caseiros de dudosa cadidade, perde o tempo nun egocentrismo abrumador que desprestixian o labor xornalístico, no que aínda algúns moi utópicamente cremos.
Debería prepararme un guión para poder desglosar todo o que fai que este formato me produza un terrible noxo pola, teóricamente, conciencia humanista coa que se lucra esta muller.
Non entendo como pode convencer a un case 20% da audiencia (moitísimo, véxase que TVE é a gañadora deste pastel televisivo con pouco máis dun 15%) co seu “Hay problemas que sólo se entienden cuando se viven en la propia piel”, “como no es lo mismo contarlo que vivirlo, me voy a pasar 21 días…”. ¿Pero en que reducida mente cabe a posibilidade de que todo saia sempre tan redondo? Dende aquí quero felicitar ao equipo de produción que lle consegue a xente que vive na rúa con capacidade de aguante para soportar a Samanta, que lle ensina a colocar cartóns, onde se xanta gratis, onde hai duchas, os horarios nos que os supermercados vacían as súas despensas…todo para que ela faga un xuicio de valor inapropiado, véndase como protagonista da súa historia de fición e faga un falso documental nun escenario real. Parabéns aos produtores que lle conseguiron a mellor marihuana da capital, para que ela textalmente “desaprovechase una entrevista, por estar empaná”, xuzgase á xente que leva un estilo de vida ao marxen do imposto pola sociedade políticamente correcta, e achacase todos os males das tres semanas ao consumo de herba cando leva 33 anos consumindo alquitrán, transxénicos, herbicidas, cafeína, inhalando gases e demais produtos tóxicos… Pero, o equipo e produción sigue lucíndose e a un poblado xitano ao que ninguén se atrave a entrar, aí vai Samanta, soa ante o perigo (máis cámaras, sonidistas, produtores, un seguro de vida milloranio, e unha estampa da virxe de fátima por se o spray lacrimóxeno falla) xunto a unha familia á que milagrosamente lle van instalar auga nesa semana, e teñen preparada unha despensa propia para convidados, e están dispostos a meter a unha descoñecida coa súa cámara no seu fogar. Quixera ver eu as cláusulas dese contrato. Pero realmente se alguén tivo paciencia, ou pouco sentido, foron as enfermas que contaron a súa relación coa anorexia a unha muller que semella que cre que se basa en prohibir de alimento ao noso organismo. A pesar de que reiteradamente repita á cámara “sé que detrás hay mucho más”, banaliza o problema co xaxún e relátanos a súa experiencia como se tivese base algunha.
E isto é xornalismo? E ela é xornalista? E nós somos os que queremos unha televisión de calidade? Nunha franxa na que podemos escoller entre María Patiño e Samanta Villar eu apúntome á publicidade. Sí, ese mundo que sempre quedou de especulador, subliminal e perverso. Polo menos non perde os seus principios comerciais e somos, aínda que influenciables, conscientes -algúns- do que estamos vendo. Porén, véndennos esta patraña como xornalismo, e a xente trágao, dixíreo e acéptao valorando heroícamente a estas mulleres de bandeira que loitan ante os problemas sociais -Samanta- e ante a escoria coure -Patiño-.
Solicito un 21 días estudando deontoloxía profesional ou un 21 días sen programación para demostrar que no mundo pódese vivir igualmente -mellor- informado e entretido sen “Saber vivir”, “Amar en tiempos revueltos”, “Telediarios”, “Sé lo que hicistéis” ou “Donde estás corazón”. ´
Domingo, 30º en Barcelona a 13h.
Vaia. Concordo totalmente coa túa opinión. Eu soamente vin un programa destes dos “21 días…” e pareceume o mías puro sensacionalismo ademais da súa total falla de rigor periodístico. Alégrome de que escrebises sobre este tema, pois fai falla que moita xente se percate do xornalismo lixo que nos están a vender.
PD: refréscate
esse chax!
A mín non me prece normal que se empregue o meu marabilloso espacio como se se tratase dun chat cutre Herr Auschwitz!
Todo sexa porque polo menos liches o artigo aínda que do que máis gostases fora do comentario
Un petó!
P.D. Grazas Chax