Cando non hai con quen falar…
Un desos días nos que sen prevelo, “sen comelo, nen bebelo” que se di, te ves enmarcada nunha serie de historias que non che competen…
Todo o mundo deberíamos ter alguen con quen falar, pero as veces, ben ou mal escollido, a xente prefire tomar por banda a alguén que apenas coñece para atormentar cos seus quebradeiros de cabeza, a compañeiros de traballo para poder transgredir esa barreira laboral hacia o personal ou alguén totalmente descoñecido ao que como de casualidade imos levando hacia o noso terreno e engarzamos a nosa historia dun xeito casual nunha conversa banal.
Hai que seleccionar con quen falar. Ao igual que en produción cando intentamos aunar cámaras con redactores ou na cociña cando os alimentos deben casar para crear unha combinación elegante, xugosa e apetecible… na vida real (persoal) intentamos relacionar unha persoa cun tema diferente, e non é que vexamos experta a dita persoa en esa materia senon que o seu carácter é propicio para tratar a preocupación que nos abrangue.
A mín tocoume hoxe… non falar, xa que persoalmente eu se non atopo no meu círculo unha persoa adecuada para o tema que me preocupa boto man dun folio, escribo e vai ao lixo en mil pedazos xunto coa miña preocupación. Hoxe foi a tarde… débeseme de ver experta en relacións de cornos e distancia, cando un arxentino me invade -sí, invádeme- no ferrocarril para contarme a súa Odisea de día ao perder un vó a Roma e ten que voltar a casa dunha amiga que coñeceu en Bos Aires pero vive en Sant Cugat co seu mozo e nestos 10 días que pasou en Bcn tiveran un par de roces e bicos polo que o paisano tiña medo de que pensase que perdera a propósito o avión. Nun enfermizo “es que pienso que puede pensar que…”, perdinme… e xa me puxen seria no tema, non pode ser que aínda por riba de ter que soportar estoicamente amable unha historia triangular aburridísima, teña que facer unha psicoanálese compartida do que el pensa e do que pode pensar ela, sen coñecer a ningún dos dous. El intentaba saber da miña vida cun constante de preguntas “Cómo te llamas, qué edad tienes, laboras o estudias, de dónde eres, te gusta Barcelona…”, toda esta situación lembroume á idea que tiñamos de facer unha curtametraxe dos primeiros minutos ao coñecer a unha persoa. Estou segura que se me basase en ésta soaría demasiado pantasma. A mín semellar, máis ben, seméllame cómica.
Que non! Négome a facer terapia nos ferrocarriles despois dunha terraza con patacas bravas no que quedas cunha sensación de harmonía interior magnífica e no único que pensaba era en cinco minutos de ioga, unha hora de paseo pola praia, unha tarde de cine ou un día de lectura.
Despois toda unha filosofía sobre unha relación a distancia – a miles de kilómetros! - que me deixou cansa fatiga mental, pero con diferenza foi unha conversa máis agradable.
Un voto para un ciclo de cine! Vou facer unha listaxe de temas, directores ou movementos MmMmm