É natural a monogamia?

Unha das miñas aficións no veráns, mellor que ir a praia, broncearme, tomar ensaladilla, as barbacoas, e case mellor que os cóckteles nunha terraza, é a ansiada Preguntas y Respuestas da “Muy interesante”. Para ler no bus á televisión de Galicia, antes de durmirme, mentras cozo pasta… Pois este ano nen me lembraba da revista que amenizou tantos veráns, pero a casualidade fíxome chegar até ela, así que agora anda polo salón do meu piso, ás veces mesturada coas Cuore, que eu non merquei, nen lin, nen me gustan ¬¬

Onte Borja e Alba (xente coa que vivo e traballo) collérona e foron directmente á sección estelar desta edición “Sedución” que abre coa pregunta que lle da título a esta entrada. Os que me coñecen xa saben a miña postura ante iso, e a pseudocientíficarevista dame a razón. Menos do 5% dos mamíferos son  monógamos, é máis, aínda é menos común nos primates.

O único habitual nestas especies é a “Monogamia social”, iso que se cotiza tanto de unha parella oficial ante a comunidade e o coidado conxunto da prole, pero isto non impide que despois cada quen teña as súas relacións sexuais con outros.

 Para mostra un botón, segundo unha recente enquisa, o 55% dos españois pegaríalla a súa parella se estivese seguro de que non se enteraría…eu penso que o 100%, pero bueno… hai xente que se autoconvence :-)

Voto de confianza as chamadas relacións abertas, que aquí o bo é que ambos aproveiten as libertades : )

Aínda sen comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.