Fangoria enche a Quintana a pesar da choiva
O grupo madrileño conseguiu un pleno na praza compostelá da Quintana apesar de que a noite estivese pasada por auga. Porén, os paraugas mantíñanse pechados e non foi razón de menguar a festa, os gritos e os bailes dos seguidores do grupo.
O concerto estivo precidido pola Banda de Nash, dedicada a facer tributos de míticos grupos como U2 ou Queen e tocaron durante media hora diante dunha praza baleira e á que pouco a pouco se irían reunindo todos os grumpies de Olvido Gara.
Os temas do seu novo disco, Absolutamente, foron a columna vertical de máis de hora e media de música, baile e espectáculo. Mais, fixeron un repaso por toda a discografia de Fangoria até pór o peche final coa máis que coñecida “Sube a mi nube” e que nun desenfreno de todos os seguidores convirteuse nun fervideiro de brazos no aire.
“Mil campanas”e a ”La bola de cristal” foron a apoloxía a esa movida madrileña que bandeirou a cantante do grupo e que marca toda a traxectoria persoal da nominada Alaska.
Grandes, pequenos, xóvenes de todos os estilos e condicións fixeron acto de presenza a este peche das festas do apóstolo. E é que Olvido Gara ten ese carisma especial capaz de reunir a unha gran amalgama de xente de todos os estratos e estilos, dende indies até heavies, dende netos a bisavós, dende gays que abandeiran o orgullo até oíntes de Losantos… O vivo exemplo de que a música únenos e apesar de que cada vez é máis comercial sempre terá ese halo especial que a fixo estar no podium e do que nunca ninguén a farán baixar.
E mención merece tamén Nacho Canut que construiu a festa con estupendas mezclas e novas versións de anteriores discos, dando un estilo diferente e convertindo a Quintana nunha sesión que nada ten que envexar a de afamados djs. Nacho Canut, esa figura que pasa desapercibida detrás dunha pequena grandiosa Olvido.