A historia dun corte de cine
Ben é sabido que me quería cortar o cabelo, ao igual de ben sabido é que me daba un pánico inmenso o facelo. Pero este mércores ás 2.00 am estando Mónica máis eu no Reixa (un local na zona vella de Compostela que soe estar cheo no inverno, mais ese día non se estaba nada mal…) ollamos cada unha por separado, e sen comentar nada a un rapaz (despois enterámonos que se chama Noel) que levaba unha camiseta que anunciaba New York Harold Tribune en letras negras sobre un fondo branco. Imposible era pois que as dúas non pensásemos na xoia da Nouvelle Vague “À bout de Souffle” e por conseguinte na súa guapísima protagonista, Jean Seberg (eu tamén pensei un pouco en Belmondo, e seguro que Mónica tamén aínda que ningunha dixo nada), e no seu peiteado.
- Íame cortar o pelo como Jean Seberg, encántame (dixen eu)
- Yo también, incluso tengo una foto en el móvil (me enseña su teléfono) para enseñársela a la peluquera (contesta Mónica)
E rotundamente e sen pensalo moito (isto coido que xa aconteceu todo no Maycar) soltei un “mañán cortámolo no Grove e mercamos unha camisola desas”, Mónica aceptou sorprendentemente.
O día seguinte eu lembrábame de toda a conversa, pero non tiña pensado dicir nada porque cada vez que tocaba o meu pelo lembraba todo o que me costara deixalo longo: as cores que pasaran por esas puntas, agora curadas, as mascarillas que o trataron… sentía unha mágoa estúpida por algo tan insignificante. Non era un sentimento de perder a feminidade nen nungunha chorrada disas…era máis un tema temporal, ¡21 anos con pelo longo!.
Fumos ao Grove e Mónica lembroume a conversa. Non me amilanei, dirixímonos a perruquería a preguntar como nos quedaría. A perruqueira, non sei se convencida ou con ansia de cortar, dixo que adiante (eu coido que era codicia, porque tocaba o meu pelo con luxuria e afirmando as miñas ideas).
¿Quién va? – Ela (dixen ipso facto).
Sei que Mónica temía que eu non me atrevese, pero o meu orgullo obviamente sabía que non ía deixar que o meu medo se apiadase de mín, así que cando rematou co seu corte Seberg, co cal quedou súper guapa, collín o medo e funme con el á cadeira mentras a perruqueira armada cun par de tesoiras e peites comezou a cortar. Eu, sorprendéndome a mín mesma dicíalle “corta, corta, sen medo, de perdidos ao río. No hai dolor” até que un “xa!” fixo constancia de que era suficiente e non quería acadar un corte Seberg, eu xa me conformaba con Fátima do Espiritu Santo, moito menos guapa, pero igual de cool.
Saimos á rúa e non parábamos de rir, non estábamos mal, pero era un corte que oscilaba entre a cultura vanguardista dos sesenta ou a rancia dos noventa. Unha mezcla entre Godard e Sensación de vivir…así de eclépticas nos sentíamos.
Ao chegar a Madrid (o mesmo día marchamos) fixámonos que o que non nos acababa de convencer (qué coño! Non nos convencía nada) era o xeito ondulatorio que deixara os espantosos peites redondos así que fomos á ducha, axeitamos o pelo ao noso gusto, pintamos os beizos, puxemos as nosas lentes de sol de modernas e saimos a mercar diademas (sempre me sorprende que esta palabra sexa masculina en galego) e un vestido que fose merecedor de tal look.
(Agardo que sexa obvia a ironía que hai con respecto ao snobismo, sabedes que son moi natural)
Un bico :-*
Hórreo, 22.49h.
yeah! que cool! fazede-lhe, do milhor, de puestaço, que nom pare ja ja ja ja, o massimo!