Escrito a 17/06/08

Eu, que son de xeneración nova confirmo que existe a desigualdade de xénero na vida cotiá. Por moito que aínda eles digan que non ou os pais digan que educaron aos seus fillos para que o día da mañán axuden a súa muller. Pero cómo que “axuden”?! O verbo -axudar- xa implica que o peso recae no membro feminino (con esta palabra acabo de lembrame do controvertido “membra” da señora ministra de Igualdade). Non nos enganemos, dámoslle aos nosos cativos dende pequenos o xoguete máis brusco, con maior contacto físico e menos contacto verbal. Porén, os das rapazas están máis centrados en reglas e suxerencias e con maior contacto verbal. Estas diferenzas non se explican con argumentos biolóxicos senon por influxos culturais, educativos, convencionalismos, cliqués… Os xoguetes son unha forma de impoñer e perpetuar a desigualdade no reparto de funcións segundo o sexo. Ou non é certo que a típica “cociniña”, os bonecos e a basoira ten como “target” unha rapaza que xa con 3 anos ten que experimentar o que seguramente sexa o seu día de mañán. Sí, posiblemente sexa médico ou avogada pero tristemente terá que ocuparse da casa e dos fillos por imposición social. Hoxe en día os dous teñen quendas de 8 horas, teñen saliarios similares (aínda que nesto discrepo e cíñome aos datos que mostran que unha muller por igual traballo cobra até un 15% menos), xantan, emporcan, teñen fillos, pero segue sendo á muller a quen lle toca pasar o ferro, pór a lavadora ou cambiar os cueiros. Ríome eu dos que digan que hoxe en día existe a igualdade. Sobre todo porque non existe cando dicimos frases como: “vai á compra como se fose unha muller”, “non lle fai falla muller porque mira como limpa”…Esas frases señores, non fai máis que pronunciar aínda máis os roles sexistas. 

E con este artigo non falo, nen menciono, nen sinalo ao feminismo que moitos me achacades, nen é unha crítica explícita ao machismo, é simplemente unha alegoría da sociedade, unha alegoría ao sexismo. A esas frases, detalles, comentarios ou simplemente xestos que se fan incoscientemente sen que moitos sexan conscientes de que son sexistas.

Fui al mercado de pájaros

 y compré pájaros

Para ti amor mío

Fui al mercado de flores

 y compré flores

Para ti amor mío

Fui al mercado de chatarra

 y compré cadenas

Pesadas cadenas

Para ti amor mío

Después fui al mercado de esclavos

Y te busqué

Pero no te encontré amor mío.

Jacques Prévert

Aínda sen comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.