“Todo lo que no es natural, es imperfecto”

Nacemos espidos e non é ata certa idade cando o pudor empeza a cuaxar na nosa moralidade e con conseguinte a vergoña, a turbación, a humillación persoal, unha estupidez social que cada vez entra antes nas nosas vidas e que moitas veces perpetuará na nosa mentalidade para sempre.

Revistas, publicidade, relixión…encárganse de mostrarnos o “desnudo” como algo morboso, escabroso, erótico, provocativo, prohibido ou de pecado… a sociedade encárgase de crear un tipo de categorización antropolóxica que segmenta o corpo con niveis de permisibilidade… na sociedade occidental, mans, brazos, cara, parte baixa das pernas pódense ensinar pertencendo á decencia da humanidade; cintura, perna alta e escote categorízate de descarado/a. Todo isto queda relegado en determinadas situacións, véxanse piscinas, praias ou macrodiscotecas, como se a líbido baixase en determinadas ocasións…aquí ensinar muslo está igual de permitido que ensinar rostro. Incongruencias humanas, como tantas outras.

Entre iguais, entre seres, como se dous centímetros cadrados de teixido che outorgasen unha reputación mellor que mostrarte como es, en relación coa natureza, sentirte liberado de todas as cadeas… nun tempo no que somos o que somos pola marca da nosa camisola, pola altura dos nosos tacóns ou polo estilo co que portamos unha garavata. Lee ou Levi’s, camper ou converse, zara ou blanco. Punk ou raper, bacala ou mod, indie ou rock. Non será suficiente con ter que soportar as diferenzas sexuais e de xénero que o legado histórico nos deixaron que ter que soportar máis segmentacións?

E que ben queda falar diante dun café do permisivos que somos, que cada un pode facer o que queira, cada persoa é libre… pero as miradas sempre se desvían aos marxinados sociais -enténdase o significado etimolóxico da palabra- que se pasean pola rúa sen ataduras de algodón, seda e licra. As miradas de perturbación séguenlle un comentario espontáneo despectivo que despois dunha hora se convertirá nun “chsss…fai ben”.

Pois non deixemos que nos atormenten en lugares públicos por amosarnos tal e como somos, non entremos no xogo de irnos dunha praia porque alguén nos diga que estamos caendo en escándalo público e que os nenos non teñen que ver xente espida…mortes, violacións, malostratos, xantar animais, insultos, violencia de xénero, marxinación, clases sociais… preocupémonos por outras cuestións ás que teñen acceso os cativos.

Ogrobe, sábado 19Setembro

Aínda sen comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.