A min a publicidade tampouco me gusta, pero non a este prezo.

Se existe unha máxima que amosa a realidade social como “os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez máis pobres” deberíamos construir un aforismo que amosase a realidade actual dos medios estatais, algo como “o privado cada vez é máis privado e o público… tamén”.

A caso pensamos que as reformas de financiación de RTVE foron plantexadas sen ánimo de lucro, unicamente pensando no espectador e para afianzar os tres pilares básicos da televisión como son; entreter, informar e educar? será que non queren ser partícipes das grandes empresas que fan negocio inmiscuíndose na súa grella? ou incluso somos tan inocentes de plantexarnos que non queren ser cómplices do sistema económico no que (mal)vivimos? Poñamos os pés na terra e miremos o trasfondo desta situación, situación que a plantilla da corporación de Prado del Rey sofre sen ter cabida lonxe dos medios de contrainformación, vivindo as consecuencias da privatización progresiva do medio.

Todo comeza no seu plantexamento, convertindo a súa necesidade nunha virtude, no favor -omiso- que nos fan disfrutando dun órgano de comunicación sen publicidade que esconde o lado máis escuro entre bambalinas rasgadas e mal confecionadas e que deixan entrever a xogada de jake que nos están facendo como espectadores. Alguén nos preguntou se queremos unha televisión sen publicidade? Posibelmente se a pregunta da enquisa fose “Gustaríache disfrutar de TVE sen cortes publicitarios?”, a resposta fose unanimente afirmativa. Pero non se fixo. Pero igualmente unanimente -negativa- sería a resposta se se nos formulase”Queres pagar máis caras as chamadas de teléfono?”, “Queres que as canles privadas emitan máis anuncios?”  Probablemente terían que reformular a súa campaña promocional na que nos achacan a culpa do que estamos vivindo e agradecer a Mediapro, por exemplo, esta medida. http://www.youtube.com/watch?v=3hXlwgYTbrc

Unha “televisión pública de verdade” é no que según o presidente da corporación se convirteu TVE desde o 1 de Xaneiro, aínda que no seu plan orzamentario aparecen empresas con pouco trasfondo público como os operadores de telecomunicacións, aportando un 0.9% dos seus ingresos, televisións privadas, con un 3%, e as de pago, con un 1,5% como fontes de financiación xunto co recaudado nas arcas do estado. Pregúntome se é así como se consegue o pluralismo, independencia e rigor do que se fai eco Luis Fernández, presidente de RTVE. Pero este só sería o xermen do problema, xa que a mediados de xaneiro  sorprendíasenos con que a comisión europea (CE) mandara frear este modelo calificándoo de incompatíbel co tratado da UE, tendo aberta unha investigación dende Decembro. Nova chegada dende o Goberno de Bruselas en plena presidencia de España da UE, criticando a xestión do proceso e a actuación dunha “política de feitos consumados” en palabras de Neelie Kroes, comisaria europea de Competencia, poñendo unha vez máis en tela de xuízo o porqué da rapidez desta medida, mal procesada e deixando ver que existe un fin lucrativo en toda esta pantomima que están exercendo de “benefactores da cidadanía”.

Os poucos traballadores que quedaron desde o recorte de plantilla de RTVE non ven con bos ollos as medidas levadas a cabo polo goberno nen as consecuencias que xa se agardaban. Éstos denuncian que son produtoras externas as que levan a cabo a maior parte de programación, a pesar de que se venden publicamente como producións propias, cando en realidade non hai traballadores da casa implicados. Non levaría as mans a cabeza (ou si) xa que é unha medida habitual en todas as canles coas series e programas de ficción pero que aconteza coas retransmisións deportivas ou Lotería Nacional fai que verdadeiramente esta situación provoque rasgarme as vestiduras. Mentres 25 unidades móviles adornan o parking de Prado del Rey co seu correspondente personal pagado con fondos públicos, é a empresa Mediapro,  que forma parte do grupo Imagina (accionista da Sexta) e vinculada ao PSOE (encargándose da campaña de partido nas últimas xerais), a que se encarga das retransmisións sen pausas das que se fai gala a corporación. Por se fose demasiado sútil, para que todo teña unha repercusión máis directa decidíronse externalizar programas e servizos que van directamente aos petos da produtora que dirixe o home da fragante Carme Chacón. Outro exemplo de beneficiada é Overón, empresa participada pola citada Mediapro, que proporciona as Unidades Terrenas, empregadas sobretodo en informativos, cando varias furgonetas equipadas co mesmo equipo de transmisión en directo vía satélite están tan paradas como os seus traballadores.

A externalización é palpápel e nós os enganados, pero quen realmente están vivindo na súa pel as consecuencias son os traballadores que xa celebraron multitudinarias concentracións e convocan paros parciais para o 17 de Febreiro, unha manifestación para o 20 do mesmo mes e unha Folga de 24 horas o mércores 3 de Marzo. Aínda que temo que as consecuencias non sexan as agardadas xa que seguramente as subcontratacións solventen o “problema”.

Algo semellante está acaecendo no país veciño, Francia prevé que a publicidade deixe de existir no 2012, pero as críticas xa chegaron a territorio francés pola tamén tendencia hacia a privatización. Para facilitalo, o Goberno decidiu flexibilizar a actual regulación, de xeito que aumentará -de 6 a 9 minutos por hora de media- o volume máximo de publicidade permitido e permitirase un segundo corte nos filmes.

Formalmente, o goberno xustifica este drástico troco das reglas do xogo na bondade de liberar o servizo público de televisión da presión da audiencia e os condicionamentos comerciais. Hai, porén, outro argumento non confesado; canalizar unha maior financiación hacia as televisións privadas co obxetivo de promover a constitución de grandes grupos privados capaces de competir no mercado mundial. En todo caso, o empeño de Sarkozy neste asunto non puido sustraerse á sospeita, tendo en conta a súa amizade personal con Martin Bouygues, presidente do principal grupo privado de televisión, TF1 e padriño do seu fillo menor.

Deberemos de seguir loitando por unha televisión pública de verdade e de calidade. Mentres, haberá que facerse eco dos poucos medios que recollen as reivindicacións dos traballadores de RTVE e intentar deixar o optimismo mediático a un lado para pór ollo crítico as emisións de TVE. Por certo, a calidade dos telediarios descende proporcentualmente ao aumento de duración… véndesenos como que haberá máis espazo para novas de índole internacional e rexional que tiñan que deixar de lado polo escaso timing e o único que descubro son promocións de grupos de música, sucesos e sociedade. Tratarei este tema detidamente noutra entrada.

1 comentario até agora

  1. chax on

    Excelente redaçom. Altas dosses de ironia para este tema tam oculto como importante na nossa sociedade.
    Noraboa, jà estou agardando as seguintes entradas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.